|
Tamara Los
Recordo (Pucho Boedo)
Ala na alta noite que todo e silencio,
Mentras todos dormen, mociños e vellos,
Cando a branda chuvia caendo do ceo,
No chan asomella camiñar de espectros,
Cando tumba o trono e bruan on ventos,
Polas taboas vellas xunto do meu leito,
Pensando en teus ollos e teus roxos beizos,
Eu non sei que sinto dentro do meu peito.
ESTRIBILLO:
Soio sei que entonces, meus ollos despertos cobrense de baguas,
Pensando que lexos muy lexos, ainda, me alcontro do ceo
Que lonxe mui lonxe o meu pensamento,
Camiña buscando algo que non teño.
Da luz morticeira que chega do ceo,
Nas brancas paredes refelxada vexo,
Tua imaxen divina, imaxen que eo creo,
Do anxo da guarda velando o meu leito,
Mollado nas baguas que os ollos verteron
Un escapulario da nai do carmelo,
Nas mans atopeime recordo pimeiro,
Que do teu cariño conservo no peito.
(ESTRIBILLO)
Sorrindo parece que a virxen do ceo miroume un istante,
Oe o ver canto peno espera me dixo co seu dolce acento,
Espera mui lonxe repiteu un eco,
I alo no camiño da cruña dereito,
Seu dolce recordo gardeino no seo,
Sequei os meus ollos, calaron os ventos.
|
|