|
Tamara Los
Adiós Ríos Adiós Fontes
Adios rios, adios fontes, adios regatos pequeños,
Adios vista de meus ollos, non sei cando nos veremos
Miña terra, miña terra, donde meu criei,
Ortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei.
Prados, rios, arboredas, pinares que move o vento,
Paxariños piadores, casiña do meu contento,
Muiño dos castañares, noitres craras de luar.
Campaniñas timbradoras, na igresiña do lugar.
Amoriñas das siveiras, que eo lle daba o meu amor,
Caminiños antre millo, adios para sempre adios.
Adios groria, adios contento, deixo a casa en que nacin,
Deixo a aldea que conoxo por un mundo que non vin.
Deixo amigos por extraños, deixo a veiga po lo mar,
Deixo en fin canto ven quero, quen pudera non deixar,
adios tamen queridiña, adios por sempre quizais.
Digo este adios chorando desde a veiriña do mar.
Non me olvides queridiña, si morro de soidas,
Tantas leguas mar adentro, miña casiña meu lar.
Tantas leguas mar adentro, miña casiña meu lar.
|
|