|
| %>
Demo Playback:
| |
|
Treixadura
Se Chove
Eí ven o vento do mare
Eí ven o vento mareiro,
Eí ven o meu queridiño
Vestido de mariñeiro.
Se chove, deixa chovere
E orballa deixa orballare
Por máis que chova e que vente
De ti non m'ei de apartare.
Pasei pola ponte abaixo
Vin saltar unha sardiña
Mariñeiros ide ao mare
E botádelle a traíña.
Indo polo mar abaixo
Perdín a miña navalla
Rema mariñeiro, rema
Que alá no mar me quedaba.
O que navega de noite
Ha tropezar nos penedos
Eu que ando polo día
Tropezo nos teus enredos
|
|
|
|